Buscar neste blog

Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de junio de 2010

BAILES TRADICIONAIS. DEBUXOS
















Outra serie de debuxos con pilot, bolígrafo bic e lápiz, sobre papel e follas cuadriculadas. Os debuxos en negativo son retoques dixitais. O que cambian os debuxos cando se amorean todos... a imaxe das vellas galerías románticas, con marcos e telas do chan ata o teito, cos máis diversos temas e visións. Un collage ordenado que supera no seu conxunto a suma das súas propostas individuais. Só despois de ver con seriedade cando menos dez obras é posible escreber, debuxar ou mesmo ler. Eso me pasa a min.

sábado, 12 de junio de 2010

DEBUXOS ACCIDENTAIS

Até aqui

Arponera

Ardell'o eixo
arbore
arbore da ciencia



ao lonxe





a man






agardando







Por fin puiden escolmar alguns debuxos que estaban gardados de mais. Moitos deles son notas de acontecementos persoais que lembro con detalle, e outros son exercicios intermedios con lapis e computadora. Xa andaba con ganas de metelos. Vounos ir metendo por orde alfab'etica, segundo os nomes que lles puxera aos arquivos ao escanealos. En algunhas ocasions si, pero case que nunca penso nun nome para os debuxos, e mais interesante que o nome apareza co tempo, e mesmo que cambie.

















lunes, 7 de junio de 2010

PINTXOS

Debuxos de bolígrafo e pilot feitos no material accesorio do Lizarrán de Catro Camiños na Coruña. Non resultan necesariamente autobiográficos, e tampouco indican preferencias especiais por produtos foráneos... porque a produto foráneo prefiro as gyozas do Shouri qu está ao lado.






domingo, 28 de febrero de 2010

RETARATOS 2002 (II)





Remexendo nos papeis apareceron algún máis dos retratos que fixera polo 2002, cando estaba a rematar o meu desterro en calzoncillos na miña habitación, proceso de purificación de case un ano e medio que acabou co meu corpo e a miña cabeza no chollo que agora me mantén. O que é a vida, lembro cada un dos trazos que debuxei, pero apenas nada do que me metía na cabeza neses días. Son debuxos feitos con pilot e con Stabilo fino 0.4 de cor, en papel de cor. Atopei dous que son diferentes e que teñen a súa historia: o de cor en papel normal reciclado (por min, en A-4 que usaba para repetir palabras), está feito con lápices faber castell e bolígrafo, é o dobre autorretrato é pilot en cartulina. Estes tiñan un poema detrás, cousas miñas...



Todo o que fixemos nalgun momento nalgures queda para sempre en nós, eso é evidente, pero o que máis me surprende é que xa estaba antes en nós, antes de que saíra, coma o ovo na galiña... esa é a marabilla da creación, creo.






Autorretratos 2002. Lupe e Juan

lunes, 1 de febrero de 2010

VIAXE A LISBOA 2009 (III)

Chiado e Alfama...



O Hotel do Chiado está moi ben situado, é moi cómodo, limpo. Nas habitacións a decoración é sinxela e tamén nos corredores. A peza é moi ampla e ten moito servizo, e as vistas son de espectáculo. Aínda así ao meternos esta noite dame a impresión que algo lle falta: unha entrada, nos corredores, na decoración... Algo así como si lle faltara o toque de excelencia. Todos os traballadores son rapaces moi novos e ás veces da a impresión de que andan un tanto ao seu.


En fin, cada un ten as súas limitacións e as súas carencias. Algúns temos ademais fallas das que nos costa tomar a corda. Por outra banda, sempre, eu penso así, sempre hai que procurar a execelencia, coma parte do proceso e xa dende o primeiro. En todo hai formas de excelencia, dentro dos nosos límites. O produto final ten que ser interesante e atrativo, pero non como obxectivo, senon como parte constitutiva do seu proceso creativo... A ver a cafetería.


O sol entra ao mencer diretamente por riba do Castelo, aliñado coas rúas da Baixa, por unha fiestra de 3 metros de alto, que é o mellor dos cuadros da habitación.



Unha cousa máis do Bárrio Alto: penso que pode ser moi axeitada a aposta polo visual e estético dende o punto de vista comercial. Tiña pensado si este ambiente é propicio para a creación, pero acho que non especialmente. Case todo o produto que vin é produto internacional. Mais este tipo de posicionamento é xa de por si unha actitude atrativa e interesante, acode á curiosidade e ao hedonismo. Desto é dificil aburrirse e sempre se repite. E pretender que os visitantes volten entendo que é sempre unha boa aspiración. Dende logo o panorama de que en Lisboa hai xenio e que se está a crear si é quen de xerar momentos mais propicios e condicións favorables para o artista e para o seu comerciante. Non son da opinión de que o artista crea da fame...



A planta alta do hotel é unha delicia. As suites prolónganse cara a cidade coa súa terraciña... e logo a sala de almorzos e a cafetería enmarcan un ambiente espectacular co oco á toda a altura que entra ademáis no espazo organizando unha proa de barco sobre a Baixa. E un na súa mesiña, ou medio soterrado nos coxíns de fío oriental, navega despreocupado... como sempre pensou que navegarían os rentistas ociosos nos seus veleiros.

E canto sol! ata dentro mesmo pele. Un lugar perfecto deseñado á semellanza da natureza, coma a sombra dunha árbore centenaria no cumio dun outeiriño pequeno: para botar o día á ler, mirando para o redor de cando en cando e só de esguello, en reposta a unha lufada de vento morno, a unha caricia de luz sobre o pescozo e os ombreiros, ou a un sutil e paseniño paso dunha abella.

http://www.hoteldochiado.com/es/photogallery.html

Para pasear o domingo no Chiado encargamos un bo sol e un ambiente tranquilo, e aforramos uns cartiños coa visita gratuita ao Museu do Chiado, un espazo industrial (un antigo convento urban e que ademais de centro de produción pasou por ser un dos primeiros museos de arte contemporánea) rehabilitado con xenio, con moita variedade de circulacións. Un magnífico edificio de ostentosas estruturas de fábrica que ao pouco pasaría dunha panadería, ou do taller dun ferreiro, e así, asemade, cheo de dignidade e orgullo. Bótase en falla información sobre a orixe e evolución da casa, para os que non somos moi agudos ao interpretar a cantidade de cicatrices na súa cara nin as pegadas do que pasou na area do seu piso.

O que ten o museo, por riba do que é e de como se conta agora, son coleccións interesantes de pintura e escultura, que ao tempo son caracter e retrato de Lisboa, retratos de preto, íntimos, familiares. Ao primeiro xulgaramos que a exposición non era espectacular (se cadra máis aínda, prescindible) pero ao tempo que foi ficando na memoria, decateime de que é moi coherente, precisa e xeitosa, as pezas entretidas e agradabeis e a biblioteca modesta pero cumprida. E que está, sen dúbida, por riba incluso que o bo aproveitamento do edificio...

Sempre teño no interior un sentimento profundo de ledicia cando me contradigo a min mesmo. Esto é a interpretación literal do meu ánimo: satisfacción ao descubrir, co exercicio do pensamento, que aquelo que tiña por seguro, ou do que tiña unha opinión, o tempo e o traballo seguido de pensar e dar voltas, me leva, como follas secas no vento, a pinchicarneiros no ar, para diante e para atrás e de abaixo para arriba aos topetazos, ata outra opinión. Case sempre, ademais, ocurre máis dunha vez. Doume conta de que nunca poderei escribir unha Ética nicomaquea, ... ou se cadra sí, pero nunca sería a última.

Apuntamos da colección os nomes de Nikias Skapinakis, Jorge Vieira e especialmente o de Almada Negreiros e as súas preparacións para os frescos para as Gares Marítimas de Alcántara e da Rocha do Conde de Óbidos. Estas obras están datadas nos anos 40 e 50, pero siguen nun período longo. É un museu de orgullo. Orgullo portugués, ou máis aínda lisboeta... claro, é un museu de barrio, e non todos os barrios teñen un museu de seu.


Quintais de Lisboa. Nikias Skapinakis 1956



Gare Marítima da Rocha do Conde de Óbidos. José de Almada Negreiros 1946


Dúas cabeças. Jorge Vieira 1948



http://www.museudochiado-ipmuseus.pt/en/news

domingo, 17 de enero de 2010

ADORACIÓNS 2008

Estes son debuxos feitos en papel de gramaxe alto, con pilot de tinta negra e vermella, V5, durante o ano 2008. 130x180mm. Nunha libretiña que me regalara Lupe, case que sempre debuxados sentado no sofá ou no coche. Estes debuxos están feitos ritualmente, sempre da mesma forma: cos dous pilots agarrados na man e dando voltas ao papel sempre en perpendicular ás liñas e aos trazos das sombras. As costumes que un colle deben ser santificadas, de xeito que o exercicio da execución sexa unha celebración ritual sempre igual a sí mesma, o que fica sancionado polo suceso dos obxectivos. O éxito non ten porque ser unha reunión multitudinaria, abondan para tirar para diante as victorias internas.






sábado, 16 de enero de 2010

RETRATOS 2002

Debuxos do ano 2002, en papel de cor con pilot de tinta verde sobre papel rubio e azul sobre rosa pálido. 100x50mm. As imaxes están escanedas dende hai tempo, e ás veces penso nelas como os viaxeiros do espacio, que viven en suspensión nas súas cápsulas nas súas rotas de anos luz cara un destino de meirande importancia, ao que chegarán douscentos anos despois de que o último familiar que se lembre deles morrera. Se isto vai ser así no futuro, estou case que seguro que nunca na existencia da humandiade abandonaremos a Terra...











viernes, 1 de enero de 2010

O REGRESO DO INDIANO


O óleo é o Regreso do indiano de Castelao, do ano 1918. É propiedade da Colección Caixanova, polo que supoño que os que teñades conta na Caixa do sur seredes algo donos del. No meu cuarto ficaría pintiparado, xa que mide dous metros de alto, por catro de longo.

Sempre me vin como o neno de detrás do muro, que pensa nalgo... Con quen querería falar, co home de traxe limpo e cara retorta ou co labrego de lombo quebrado? Ao lonxe sube polo camiño unha parella e unha rolda de xente que levan as cousas do indiano ao lombo, de seguro os pais do neno tamén, que han de ter as respostas... pero non é máis interesante escoitar ás agachadas? Así se aprenden as inconveniencias que son o alimento dos anos. Gustaría de saber se hoxe aínda é posible agocharse no acubillo do neno, sexa onde sexa. Xa non quedan deses pinos... nin se usan eses sombreiros. Pero tiña gana de falar, e de empezar a falar:

Para empezar a falar cada quen emprega un mecanismo automatizado que se prende no cerebro para axilizar os procesos comprometidos, os que esixen dunha decisión, desto en troques do outro. Empezar a falar é unha fazaña arriscada: hai que confiar no ton axeitado, evitar o carraspexo, deixarse nas mans da primeira verba, no efecto do seu impacto e na lonxitude da súa onda, propoñer a intensidade óptima para chegar ao contorno eficaz. Eu carezo dese mecanismo, e para comezar a falar abonda para min con escribir, que é o mesmo que dicir que para empezar a voar abonda para min con limpar o nariz.

Nunca tiven unha frase de entrada, nin unha táctica nin unha estratexia, nunca asinei o meu carácter nin ensaiei diante dun espello. Non é que iso sexa mellor, pero é o que hai. Os accesos directos ás funcións mais cotiás son un progreso evolutivo nas relacións sociais, permiten optimizar os encontros e deixar mais fresca a tenrura e o encanto para os achádegos de máis valor.

Pero non abonda con iso para todos. Hai tempo que veño a meditar en como se da un primeiro paso, cal é o motivo para dalo, onde e cara onde, como e para que. Todas as preguntas son igual de importantes, pero resulta un misterio para min, e é a miña meirande preocupación: Como se produce o momento da creación, como se pasa de onde non hai para onde hai...

Na nosa vida case que todo ten unha ruta de acontecementos que empeza en nos e remata na orixe do universo, pero o camiño é tan longo coma o que lles queda aos labregos para levar o arcón do indiano...